Costas do Estado analiza sobre o terreo tres actuacións para Vilagarcía

    director_xeral_costas_100.jpgVILAGARCÍA > Esta mañá o Director Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, José Fernández Pérez, visitou Vilagarcía,…

     … en compañía da Alcaldesa e do Director do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

    O obxectivo desta visita era analizar sobre o terreo as tres actuacións que se van a levar a cabo desde o citado ministerio durante o ano que ven. A primeira delas será a creación dunha senda peonil ó longo dos pouco máis de dous kilómetros de lonxitude que transcorren entre Bamio e Carril.

    A segunda das actuacións supoñerá a reactivación das obras do Paseo Marítimo entre Ferrazo e Vilaxoán ó longo duns 800 metros de lonxitude. Este proxecto ven de superar as dificultades técnicas iniciais polo que se prevé que dentro dunha semana pase xa a disposición da información pública. Ámbolos dous proxectos van a supoñer un orzamento do executivo central de máis de 2 millóns e medios de euros.

    O outro punto no que pretende actuar o ministerio é na Illa de Cortegada. Este punto vai a revalorizarse grazas a mellora dos seus accesos por mar ou a remodelación do embarcadoiro. O Ministerio de Medio Ambiente tamén baralla dragar as inmediacións desta illa, e redestinar a area extraída a puntos como os areais de Bamio ou de Vilaxoán. O presidente do padroado das Illas Atlánticas adiantou a súa intención de dar prioridade á creación dun amplo centro de información que estará destinado, fundamentalmente, á formación do público escolar.

    Redacción Salnés.