O BNG de Ribeira pide máis socorristas nas praias do municipio

RIBEIRA> Os nacionalistas critican a falla de previsión do equipo de goberno que deixou a moitos areais sen vixilancia.

Dende o BNG apuntan a que este verán a maior parte das praias coas que conta o municipio non disporán de servizo de socorrismo. Un feito que consideran grave e preocupante. Si o terá, por exemplo, o areal de Coroso, no que loce o distintivo de bandeira azul. Algo que os nacionalistas tildan de ilóxico, xa que esta praia caracterízase por ser un areal tranquilo, no que as intervencións realizadas adoitan ser de pouco risco.

Para os nacionalistas  esta situación vén provocada pola falla de planificación e previsión do equipo de goberno que, malia saber que podería haber poucos profesionais, non fixo nada para tentar cubrir o maior número de areais con socorristas. Piden que de cara o ano que vén se mellore a distribución do persoal de vixilancia nas praias e se dea prioridade a aqueles areais de maior perigosidade e ós de maior afluencia de persoas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí