Novas doazóns engrosan o museo Valle-Inclán

    POBRA> Un total de 58 novas obras estarán a disposición de veciños e visitantes.

    A concelleira de Cultura, Encarnación González dou conta está mañá das novas incorporacións ó museo Valle Inclán. Un total de 58 volumes engrosarán a biblioteca destas instalacións, grazas a xenerosidade de seis persoas amantes das obras do dramaturgo. Veciños e visitantes poderán acceder a estes exemplares unha vez estean catalogados, que segundo prevé o concello será a finais de setembro. Algúns dos libros que agora se afincarán na Pobra do Caramiñal teñen un gran valor histórico. Ademais únense dúas filmacións teatrais da obra La Noche de Max Estrella, realizadas en Sevilla e Madrid. Esta representación rende homenaxe ós personaxes de Luces de Bohemia.A maior parte dos doantes que engrandecen o museo nesta ocasión, están vinculados coa Pobra do Caramiñal aínda que residen noutros puntos da xeografía española. A excepción é Antonio González Millán, director da entidade, que si reside na vila. Este aportou dez obras da súa colección persoal.