As imaxes máis senlleiras procesionarán na Semana Santa da Pobra

    POBRA> A Semana Santa máis antiga da comarca, a da Pobra, arranca este venres as súas celebración coa Procesión das Dores. As parroquias do Caramiñal e do Deán colaboran na organización de distintas procesións e actos litúrxicos que converten á da Pobra nunha das semanas santas con máis actividades de toda Galicia. A Misa Solemne e a procesión da Virxe das Dores inaugurará o programa da Semana Santa pobrense que terá continuidade coa lectura do pregón o sábado a partir das oito e media na igrexa do Caramiñal. O domingo será un día especialmente dedicado ós nenos coa Bendición do Ramos e a procesión da Borriquiña que sairá ás once e media do Cantón da Leña. A imaxe do Cristo Crucificado sairá en procesión o mércores no Vía Crucis. O xoves sairá tamén a procesionar a imaxe do Bico de Xudas e Sentenza de Pilatos. O Venres Santo celebrarase o tradicional sermón do Encontro na praza Victoriano García Martí e posterior procesión. Xa pola noite, terá lugar o Desencravo e a saída do Santo Enterro, unha das procesións máis solemnes destas celebracións, que dará paso ós Caladiños. O sábado terá lugar a procesión da Soedade e posterior Vixilia Pascual. As parroquias de Santa María a Antiga e Santiago do Deán organizan os distintos oficios e actos a desenvolver durante esta semana en colaboración coa Confraría do Santo Cristo e Oración no Horto.