A confraría de Vilanova denuncia a construcción ilegal de bateas nas súas concesións

    praia_sinas_100.jpgVILANOVA > A Confraría  de Vilanova ven de denunciar ante a Xefatura do servicio provincial de Costas a ocupación da Praia das Sinas con vigas e depósitos de bateas.

    Segundo a súa patroa maior, Evangelina Lago, neste lado da praia, nas inmediacións do dique de Corón, adoitan construírse bateas sen permiso algún; entre 20 ou 30 ó ano. Para iso, os camións que transportan o material circulan pola praia desfacéndoa e esmagando o marisco; e logo depositan as vigas no areal.

     A maiores do prexuízo económico que conleva, estes traballadores transportan o material por enriba das socias da confraría cando están traballando; co conseguinte perigo para a súa integridade física.

    Dende a confraría de A Pastoriza piden que Costas actúe neste caso ca mesma dilixencia ca que se comportou na súa contra, cando a Comunidade de Montes denunciou ás mariscadoras por depositar argazo na zona do Castelete. Algo polo que foron multadas, cando tódalas confrarías da comarca realizan actuacións similares. Por isto, Evangelina Lago coida que esta confraría está sendo víctima dun agravio comparativo.

     Redacción Salnés.