‘A vida é máxica’ con Amencer e Nydia

    VILAGARCÍA> Esta fin de semana Vilagarcía ofrece unha nova gala solidaria, neste caso a favor da Asociación Amencer Aspace e os usuarios do Centro Princesa Letizia. Serán dúas sesións: unha o sábado e outra o domingo, a partir das seis da tarde, nas que 180 cativos e adultos ofrecerán un espectáculo titulado ‘A vida é maxia’.

     

     

    Cento oitenta artistas amateurs subirán esta fin de semana ó escenario do Auditorio de Vilagarcía por unha boa causa: recadar fondos para o Centro Educativo e de Día Princesa Letizia. A institución presta servizo na cidade a persoas con parálise cerebral e outros trastornos neuro-motores. Este sábado e domingo as Asociacións Cultural Nydia e Amencer-Aspace colaborarán para dar vida á cuarta gala solidaria que realizan a prol do centro. O lema: ‘A vida é maxia’.

     

    Os usuarios do centro de día serán os encargados de abrir a primeira sesión, a do sábado, cun pequeno número musical. O domingo os anfitrións serán os cativos do centro educativo. Contarán coa actuación estelar do personaxe infantil Peppa Pig.

     

    Para asistir a calquera das dúas sesións será preciso adquirir entrada. Terá un custe de tres euros e está á venda mañá e o xoves nas instalacións da asociación Nydia, e o venres sábado e domingo no Auditorio. Nos dous casos en horario de mañá e tarde. Ademais haberá unha ‘fila cero’, para aquela xente que non poida asistir ás galas pero desexe colaborar coa causa.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/23/GALA_PRINCESA_LETIZIA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/23/GALA_PRINCESA_LETIZIA.mp4{/flowplayer}