Indignación entre os pais do colexio ‘As Lombas’ polos horarios

    paiscatoira_100_031006.jpgCATOIRA > Os pais dos alumnos do colexio ‘As Lombas’ de Catoira están indignados. Os seus fillos comezaron esta…

    …semana un horario escolar especial adaptado ás obras de mellora que se están a realizar no centro. Non están de acordo con este horario que, dependendo do curso no que está cada neno é un ou outro.

    Pero o principal problema é o que están a sufrir os máis pequenos que están a recibir as leccións no edificio no que se están a realizar as obras. A renovación á que están a ser sometidas as instalacións do colexio non manten indiferentes ós pais dos alumnos que estudan alí. Se ben non se opoñen á súa realización, xa que as consideran totalmente necesarias, ó que se opoñen é ós horarios escolares ós que se teñen que adaptar os nenos como consecuencia e que, aseguran, non se corresponde ó acordado con Educación.

    O problema non remata nos horarios (distintos para infantil, primaria e ESO), moitos dos pais preocúpansepaiscatoira_200_031009.jpg aínda máis porque os máis pequenos están a recibir as súas clases nun edificio no que os traballos dos obreiros cadran co horario escolar e que os expón a ruidos e cheiros de productos nocivos.

    Para a tarde do martes tiñan prevista unha reunión co Delegado de Educación en Pontevedra, José Armando Cristóbal, que se suspendeu e que se celebrará ó longo desta semana. Os pais, que estiveron no pleno celebrado o luns en Catoira, están moi descontentos co trato que están a recibir por parte de Educación e negan estar adscritos a movemento político ningún. A súa preocupación son os máis pequenos e non descartan acoder ó Defensor do menor.

    Redacción Salnés