A hostalería do Grove, ‘desesperada’ ante as novas restricións

GROVE> A situación no Grove é especialmente complicada para a hostalaría que, de novo, ten que bota-lo peche. Malia que si teñen permitido ofrecer produtos para levar, hoxe na localidade custaba atopar un local aberto no que pedir un café. Dende o colectivo Emgrobes comparten a indignación do sector.

Esta imaxe repítese unha e outra vez polas rúas do Grove. Son locais hostaleiros que, ante as novas restricións, optaron por bota-lo peche.

Poucos locais tiñan hoxe servizo para levar. Neste, por exemplo, si dediciron abri-las súas portas. Con todo,  Martín recoñece que esta situación para os bares é desesperante.

Un malestar que é común enrte tódolos hostaleiros. Dende o colectivo Emgrobes, tamén recoñecen estar cansos. Din que o golpe é aínda máis duro logo da Semana Santa, na que houbo que facer acopio de mercadoría e contratar persoal.

Dende Emgrobes miran con cautela o verán. Confían en que a sitaución actual mellore axiña para poder salva-la campaña, crucial para moitos establecementos do Grove.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí