O alcalde de Vilagarcía cre que Sanxenxo é o ‘candidato idóneo’ para a acollida de migrantes

SANXENXO> O Concello de Sanxenxo segue sen recibir información de cómo vai se-lo proceso de acollida das 350 persoas migrantes procedentes de Canarias. O goberno local reitera que precisan coñece-los plans do executivo central para poder colaborar e tamén informar á poboación. Sobre este tema tamén se pronunciou o alcalde de Vilagarcía. O tamén presidente da FEGAMP cre que Sanxenxo é un lugar idóneo para acollida destas persoas, pola súa gran cantidade de prazas hoteleiras.

O vindeiro mércores, día 1 de novembro, chegarán a Sanxenxo 157 dos 350 migrantes procedentes de Canarias. No concello reiteran a súa preocupación ante a falta de información por parte do goberno central. Entenden que o mínimo que se pode facer nun caso como este é dar conta de cómo vai se-lo preoceso de acollida.

O  que preocupa aquí é como se vai xestionar sobre o terreo esta situación co obxectivo, din dende o Concello, de poder colaborar e tamén ofrecer información á veciñanza.

Sobre este asunto tamén se pronunciou esta mañá o alcalde de Vilagarcía. O tamén presidente da FEGAMP ve lóxico que se escollese Sanxenxo para acoller aos 350 migrantes, pola gran cantidade de prazas hoteiras das que dispón.

Alberto Varela di que se trata dunha cuestión de solidariedade. Nas últimas horas puxo xa os recursos de Vilagarcía e da FEGAMP a disposición do goberno central. Pediu ao conxunto dos concellos galegos dar un paso á fronte ante esta crise humanitaria do mesmo xeito que se fixo hai un ano cos refuxiados ucraínos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí