Os talleres de vehículos ven reducida a súa actividade nun 90% co estado de alarma

VILANOVA> Os talleres de coches continúan abertos durante o estado de alarma pero o seu traballo diminúe nun 90%. Esta baixada está a provocar que moitos pechen as súas portas o realicen axustes de persoal. Dende o sector piden axudas para afrontar esta situación.

O estado de alarma non impide a apertura dos talleres de coches. A avogacía do estado sentenciou nun informe que é unha actividade necesaria para garantir a mobilidade das persoas. Pero a realidade nos talleres é totalmente diferente, o seu traballo diminuíu nun 90%.

No caso de Paz Díaz Motor a empresa está composta por 6 traballadores dos cales actualmente só están traballando Diego e outro mecánico. Unha situación pola cal estudan a posibilidade de facer un ERTE.

Todo o sector atópase na mesma situación, por iso reclaman axudas para afrontar esta situación.

A pesar da escaseza de traballo, dende o taller toman as medidas necesarias para evitar os contaxios.

A zona de mecánica non é a única que Paz Díaz Motor mantén en funcionamento. A área de lavado continúa aberta pero só para auto servizo.