A Marcha Mundial das Mulleres organiza o domingo actos reivindicativos

    marchamulleres__100.jpgPONTEVEDRA > A Marcha Mundial das Mulleres presentou hoxe os actos reivindicativos que van a realizar o vindeiro domingo,…

     

    …co gallo da celebración do día internacional contra a violencia machista.

    Estes actos que se van a celebrar a nivel local en cadansúa mobilización nas localidades de Vigo, A Coruña, Ferrol Terra, Pontevedra , Costa da Morte e Compostela estarán unidas baixo o mesmo lema a nivel europeo: Podemos acabar ca violencia machista. Cada quen desde a súa responsabilidade.  En concreto na cidade do Lérez, os actos terán lugar o propio día 25 de novembro pola mañá na praza do 8 de Maio. Nesta praza repartiranse bandas para os brazos cas lendas: podemos acabar ca violencia machista, ou ben, eu non son cómplice da violencia machista. Ademais neste punto da cidade do Lérez disporase unha tea na que cadaquén poderá deixar a súa impronta ou mensaxe en contra desta lacra social; e exporase unha mortalla na que se rexistrarán os nomes de tódalas finadas durante este ano a nivel nacional por mor da violencia de xénero, fora ou non, de caracter doméstico.  A maiores, haberá un camiño feito con pegadas negras que transcorrerá entre esta praza e a Praza da Peregrina, cas que se simbolizará a espiral da violencia que envolve a moitas persoas só pola súa condición de ser mulleres. E ás doce da mediodía darase lectura a varios poemas alusivos a violencia machista, case todos escritos por mulleres.  Todos estes actos están encamiñados a espertar conciencias no senso de que cada quen analice a súa responsabilidade en torno á perpetuación de roles machistas;  para que ca mesma, aporten o seu pequeno grao de area para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria.  Desde esta plataforma tamén están a repartir panfletos nos que fan un repaso ó que deben ser as actuacións dos distintos colectivos sociais contra o machismo e a violencia sexista.

    Redacción Salnés.