![]()
RIBEIRA> Aseguran que a Concellería de Cultura impediu a celebración dun concerto para o que previamente se lles dera autorización.
Ribeira en marcha pretendía ser un encontro deportivo e de lecer da mocidade de Ribeira, organizado polas Xuventudes Socialistas, na praia de Areasecada, no Touro o pasado vernes.
Malia ter o permiso do concello, aseguraron dende a agrupación socialista, o día do evento presentouse a policia local para impedir a súa celebración.Para a formación política, o concello de Ribeira pretende desprestixialos diante da mocidade do municipio.
{flowplayer}barbanza/denunciaxxssribeira.flv{/flowplayer}
Dende as ringleiras socialistas criticaron tamén que o concelleiro de cultura, Luciano Fernández lles dixera que non colaboraban con formacións políticas e aseguraron que tamén se lles negou material e infraestrutura do concello. Os socialistas ribeireses acusan o alcalde, José Luis Torres Colomer de ter covardía política ó emprender unha campaña contra eles de xeito tan velado.
Resposta do concello
Dende o concello de Ribeira manifestaron que nunca se lles outorgou permiso para celebrar o concerto. Na primeira xuntanza que mantiveron coa organización socialista, o un de setembro, xa se lles dixo que era imposibles dado que coincidía con outro evento similar que estaba programado no municipio co gallo das festas de Santa Uxía.
Con todo, sinalan dende o concello ribeirés, se lles deron todas as facilidades para realizar un cambio de data. Tamén se lles avisou das sancións legais establecidas ás que se expoñían se levaban a cabo a actuación musical.
Asemade, aseguran que nunca prohibiron a celebración das actividades deportivas na praia do Touro. Por último aclararon que o concello de Ribeira non colabora con ningunha clase de organización política, sexa da cor que sexa.
Redacción Barbanza











