BOIRO> O Club de Remo de Cabo de Cruz traballa a pleno rendemento dende que a finais do pasado estrease nova sede. Unhas instalacións adaptadas ás necesidades dun club de referencia a nivel nacional. Así o destacou o secretario xeral para o Deporte que realizou unha visita ás instalacións.
O secretario xeral para o Deporte visitou a nova sede do Club de Remo de Cabo de Cruz. Acompañado da nova directiva da entidade, José Ramón Lete tivo ocasión de coñecer as instalacións e os seus equipamentos, nos que o departamento que dirixe investiu máis de 40 mil no último ano.
Esta nova sede está á altura da traxectoria do club crucense, referente mundial do banco fixo feminino e masculino. Neste sentido, o representante autonómico lembrou as dúas estadías do Cabo na liga ACT-Euskolabel así como o ascenso do equipo feminino á máxima xaregoría nacional.