A IV Festa do Polbo de Palmeira aumenta o espazo dedicado á degustación

    RIBEIRA> O polbo converterase esta fin de semana no protagonista gastronómico en Palmeira. A organización agarda repartir máis de mil quilos de cefalópodo na exaltación que se desenvolverá na explanada portuaria entre o sábado e o domingo. Dende as once da mañá do sábado, o afamado polbeiro Manuel Veloso traballará a reo para que todos aqueles veciños e visitantes que se acheguen ata Palmeira poidan dar conta dunha boa ración de polbo. Aínda que a carpa instalada na zona portuario abrirá xa pola mañá o pregón non terá lugar ata as sete menos cuarto da tarde seguido dunha serie de actividades complementarias e unha verbena nocturna. A organización agarda, nesta cuarta edición, colleitar o mesmo éxito de públicos que nos anos anteriores para garantir o futuro desta exaltación tradicional que pon en valor un dos produtos do mar máis apreciado.