Teresa Táboas inaugura as obras da segunda fase de Espiñeira

    visitatareixataboas_100_221107.jpgBOIRO > A Conselleira de Política Territorial, Teresa Táboas, colocou a primeira pedra da segunda fase do polígono industrial de Espiñeira.

    Teresa Táboas referiuse ó Barbanza coma unha das áreas máis puxantes de toda Galicia, polo que considera prioritario dotar a esta zona das infraestructuras empresariais que precisa e subsanar o problema de falta de solo industrial na comarca.

    Para a adxudicación das parcelas desta segunda fase do polígono de Espiñeira a consellería de Vivenda e Solo valorá primordialmente o número de postos de traballo que se van crear coa actividade empresarial a desenvolver, o tipo de actividade, que sexan empresas de nova creación ou creadas por mozos menores de 35 anos e mulleres, o traslado ou a ampliación da empresa e a mellora e peche de ciclos productivos.

    Deficiencias na primeira fase

    Ó respecto das deficiencias en servizos das que se veñen queixando algunhas industrias instaladas en Espiñeira, Teresa Táboas asegurou que grazas ó plan Galiza Suma, en conxunto coa consellería de Industria, están a dotar de todos os servizos básicos ós parques empresarias da comunidade que carecían deles.

    Desde o departamento de Vivenda e Solo compromentense a estudar as demandas en infraestruturas da primeira fase para tentar dar solución a estes problemas a medida que avancen as obras da segunda fase.

    Proxecto para Rianxo

    Por outra banda a Conselleira tamén informou que o Consello da Xunta aprobou na súa xuntanza de hoxe, o Proxecto Sectorial e de Urbanización do Parque Empresarial de Rianxo.

    Esta actuación de solo empresarial desenvolverase sobre unha superficie de máis de 335 mil metros cadrados, cun investimento total de preto dos dez millóns de euros. Este parque empresarial é promovido pola sociedade pública Suelo Empresarial del Atlántico, SEA, na que a Consellería de Vivenda e Solo participa nun 15%. E anunciou tamén o progreso do proxecto sectorial do macropolígono industrial do Barbanza. 

    Próxima licitación

    A Conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, aproveitou a visita a Boiro para aclara-la polémica existente en Ribeira ó redor das obras dos pisos de protección oficial que se constrúen na zona de Xarás e que levan tanto tempo paralizadas.

    A titular de Vivenda anunciou que o seu Departamento sacará a licitación a obra no primeiro trimestre do ano que vén coa intención de que os traballos se poidan reiniciar o antes posible.

    A Conselleira adiantou que o delegado provincial de Vivenda e Solo reunirase cos representantes das familias afectadas polo retraso das obras para tratar de buscarlle unha solución mentras que estas non se rematen, entre as que podería figura o abono do seu alugueiro.

    Con estas declaracións a incertidume dos 21 beneficiarios das vivendas socias de Ribeira vese un pouco aclarada. Aínda así tardarán meses en poder ocupalas, xa que haberá que agardar a que se saque a concurso a obra, a súa posterior adxudicación e a realización dos traballos, que se prolongarán polo menos un ano. Todo un proceso longo de tempo que enche de novo de preocupación a estes ribeireses.

    {flowplayer}barbanza/visitatareixataboas.flv{/flowplayer} 

    Redacción Barbanza