Anticipémonos e o lema da campaña contra a violencia de xénero

    violenciaxenero100_221107_001.jpgPONTEVEDRA > Anticipémonos. Así chamaron á campaña contra a violencia de Xénero presentada esta mañá…

    …no concello de Pontevedra. O próximo domingo é o día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres e a concelleira de Benestar Social, Educación e vivenda, Margarita Castejón, quixo resaltar e insistir na labor dos medios de comunicación como reflexo da sociedade, para concienciarnos todos sobre esta lacra, seguindo unhas pautas de comportamento que farán circular a través dun díptico.

    A campaña que dende o concello de Pontevedra levarán a cabo con motivo do día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o próximo domingo, ten un obxectivo principal: concienciar aos medios de comunicación para que toda a sociedade entenda ben cal é a noticia e poder detectar así a violencia de xénero e non asumila. A noticia non debe ser que unha muller morreu, senón que un home matou a unha muller

    Segundo a concelleira de Benestar Social, o esforzo realizado ata o de agora nos protocolos de actuación na atención das mulleres vítimas de violencia machista, da os seus resultados, e considera que ten datos positivos. No ano pasado denunciáronse un 35% dos casos de maltrato e ata agora, no 2007, xa hai un 45%.

    Dende o concello saben que queda moito por facer. O perfil da muller maltratada variou moito e xa se detectan casos de mulleres moi integradas na sociedade e que están a vivir a mais brutal expresión da desigualdade,que é a violencia de xénero. A educación e a concienciación son o principal medio de acabar ca violencia, anticipémonos!.

    Redacción Salnés