POBRA> Para os nacionalistas a falla de mantemento por parte do Concello dos regos e cunetas está a provocar asolagamentos.
Tal e como anunciaban nunha moción presentada xa o pasado mes de setembro relativa ó estado de abandono e á falla de limpeza nas zonas urbanas e rurais do municipio, que mesmo foi aprobada pero non executada, a chegada das chuvias trouxo consigo problemas de inundacións e asolagamentos en moitas vías e estradas de núcleos rurais, como é o caso de Ouxo e Lesón, cos conseguintes prexuízos para os veciños que residen nestas zonas. Por esta razón volven a incidir na necesidade de acometer con urxencia unha actuación que evite que se produzan estas inundacións das rúas e dos camiños que dificultan o tránsito de vehículos e peóns e acaban deteriorando o pavimento.