A conselleira de Pesca propón a Frinsa como modelo de industria conserveira

    gallegofrinsa_100_231107.jpgRIBEIRA > A Conselleira de Pesca, Carmen Gallego, visitou esta mañá as instalacións do grupo conserveiro Frinsa, en Ribeira.

    A responsable autonómica tivo ocasión de comprobar as inversións realizadas en maquinaria para procesado de marisco, sufragada cunha recente subvención da Xunta de Galicia, con cargo ós fondos europeros do IFOP.

    Ás once e media desta mañá produciase a chegada da Conselleira de Pesca ás instalacións da empresa Frinsa, no polígono de Xarás en Ribeira, onde foi recibida polo presidente do grupo conserveiro, Ramiro Carregal.

    Tras visitar as dependencias das oficinas xerais, a delegación encabezada por Carmen Gallego desprazouse ata unha das zonas de produción. Alí, a Conselleira interesouse pola maquinaria para procesado de marisco que vén de adquirir a empresa, grazas a unha subvención do departamento autonómico.

    Novos postos de traballo

    Ademais da notable mellora na produción, esta axuda supuxo a creación de 107 novos postos de traballo na área de procesado de marisco. Carmen Gallego destacou o bo camiño seguido por Frinsa, á que cualificou como exemplo a seguir, na súa aposta polo capital humano como xerador de emprego e riqueza.

    Neste sentido, a titular de Pesca aposta por unha competitividade baseada na calidade, tanto no referido a novos produtos, como novas tecnoloxías e persoal cualificado. Esta liña que é a que, segundo Gallego, está a seguir Frinsa e outras empresas galegas, é a base para facer fronte á competencia asiática e seguir mantendo a Galicia como referente na produción conserveira.

    {flowplayer}barbanza/gallegofrinsa.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza