Ribeira adquire un tractor para realizar labores de roza e limpeza de camiños

RIBEIRA> O alcalde, Luís Pérez Barral, acompañado do segundo tenente de alcalde Francisco Suárez-Puerta, e o edil, Fernando Abraldes, supervisaron os traballos de roza que está a realizar en Corrubedo co novo tractor polivalente que vén de adquirir o Concello.

Cun custe duns 175 mil euros, asumidos con cargo a fondos propios,  o novo vehículo permitirá reforzar os traballos de rozas das estradas e camiños de titularidade municipal, para que estean nas mellores condicións posibles.

O novo tractor dispón dun moderno equipamento, cun brazo mecánico rotatorio, unha escobilla de púas para limpar as herbas das beirarrúas e tamén un soprador.