O Concello consegue que 5 familias xitanas permitan o derrube das súas chabolas

    POIO > Chegou o día D. Desde esta mañá a atención informativa está centrada no poboado xitano do Vao, en Poio. Hoxe expiraba o prazo dado ó Concello para cumprir a sentencia

    … do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para o derrube de 7 chabolas. Con forte presencia policial e, sobre todo, cunha ampla cobertura informativa, o Concello trata aínda a estas horas de negociar con dúas familias para executar a sentencia.

    vao_300_231107.jpgO poboado xitano do Vao amenceu hoxe ateigado de xornalistas e fortes medidas de seguridade. Hoxe expira o prazo dado o Concello de Poio para derrubar sete das chabolas pero os operarios atopáronse cunha forte resistencia. Algunhas das familias encadeáronse nas chabolas para impedir que lla tiraran. Ata o lugar desprazouse, ademais dos membros do equipo de goberno de Poio, o presidente da Asociación do Pobo Xitano, Sinaí Giménez. Ó longo desta mañá trataron de negociar con cada unha das sete familias afectadas para que permitiran o derrube.

    Arestora estase a traballar no derrube, a man, de 3 chabolas máis, e outra terá que ser precintada. Trátase dunha tarefa laboriosa, posto que moitas das edificacións están adosadas a outras que non están incluídas nesta sentencia de derrube. Segundo comentou a Tele Salnés Barbanza o edil de seguridade cidadá de Poio, Francisco Murillo, as negociacións céntranse agora en dúas familias e confía en que se arranxará ó longo deste día.

    Redacción Salnés