O Concello denuncia o roubo de dous balancíns no parque infantil de Leiro

    parque_leiro100_231107.jpgRIBADUMIA > O Concello denunciou hoxe na Garda Civil de Cambados o roubo de dous xogos balancíns no parque infantil de Leiro

    … As dúas pezas alcanzan o valor de 600 euros, cantidade á que hai que engadir o custo da instalación e os danos ocasionados no solo de caucho.

    Esta área de xogos infantil foi instalada hai agora seis meses, co obxectivo de reforzar o parque desta parroquia dado o aumento dos usuarios coa creación do Centro Rural Agrupado. Este novo parque infantil conta cunhas instalacións máis completas e modernas para goce de tódolos nenos do municipio, con postes, tobogáns, espazo de casiña, rede para trepar, ponte colgante, escaleiras de acceso, columbios metálicos e tres xogos balancíns individuais –dous deles foron os roubados-.

    Neste sentido, a alcaldesa Salomé Peña mostra o seu malestar ante estes feitos xa que ‘o Concello de Ribadumia está facendo un importante esforzo e unha grande aposta por ofrecer numerosos e variados servizos para tódolos veciños e, neste caso, prexudícase ós máis cativos e ós seus xogos’.

    Redacción Salnés