RIBEIRA> A corporación ribeirense debate arestora unha proposta do equipo de goberno que ten coma principal finalidade conseguir a desafectación de diversos espazos urbanos do municipio, entre os que se atopan a avenida do Malecón e Carolinas.
A corporación municipal de Ribeira debate arestora a proposta do equipo de goberno para pedir a desafectación de varios viais e superficies urbanas dependentes doutras Administracións. Dúas delas, se cadra as que van máis avanzadas, son a as zonas do Malecón e as Carolinas, así como tamén a contorna do porto de Aguiño.
Entre as infraestruturas viarias dependentes da Deputación da Coruña figuran a rúa Romero Ortiz, e varios tramos das estradas provinciais de Ribeira a Aguiño por Castiñeiras, de Aguiño a Ribeira pola Graña e 1de Ribeira a Aguiño por Carreira.
Polo que se refire a vías da Xunta, solicitaranse tamén a desafectación na avenida de Ferrol e na AC-550 en Corrubedo, dende o lugar de Teira ó faro.