O mércores de cinza será o día grande do entroido en Outes

OUTES> Outes celebrará o entroido coa súa cita máis tradicional. O enterro da sardiña congregará ós veciños o mércores de cinza na praza de Galicia. Celebrarase tamén o concurso de disfraces que repartirá preto de tres mil euros en premios.

O día grande do entroido en Outes será o mércores 5 de marzo co concurso de disfraces que dará comezo ás cinco da tarde na praza de Galicia. Este ano repartiranse preto de tres mil euros en premios adaptando as bases e os criterios de avaliación.

Ó remate, os outenses despedirán as celebracións con tradicional enterro da sardiña e unha chocolatada.

A cita para os máis cativos será o sábado día unha cunha gran festa infantil no pavillón. Haberá xogos, obradoiros e a actuación do grupo Animarte.