O plan de reinstalación de moluscos porase en marcha o 12 de agosto

    PTACREINSTALACIONMOLUSCOS copia.jpg PONTEVEDRA> O plan contempla a extracción de marisco en zonas C para trasladalo a un areal na Mariña lucense onde se depurará de xeito natural.

    {flowplayer}images/salnes/ZONA_REINSTALACION_MOLUSCOS.flv{/flowplayer}

    Segundo os cálculos da consellería do Mar, o vindeiro venres 12 de agosto podería comezar a funcionar o sistema de reinstalación de moluscos bivalvos dada a boa acollida que tivo a medida entre a meirande parte das confrarías galegas. O plan contempla a extracción de marisco en zonas C para trasladalo a un areal na Mariña lucense onde se depositará para que se depuren de xeito natural. A elección da zona realizouse en base a criterios técnicos e sanitarios.

    Cando as análises indiquen que ese marisco é apto para o seu consumo en fresco, devolverase á lonxa de orixe para a continuación comercializalo. Desde Mar subliñan que este plan suporá un incentivo tanto para a actividade marisqueira como para a economía.

    Quintana defendeu o plan como un sistema que iguala a tódalas confrarías galegas, fronte a práctica implantada polo anterior goberno da Xunta: subscribir convenios de colaboración con algunhas confrarías que tiñan entre os seus areais zonas C, como a de Pontevedra-Raxó-Lourizán, mentres se deixaba fóra a pósitos coma Cambados, Vilanova ou Muros.

    Desde Mar confían en que a nova medida permita sacar ó mercado preto de 450 toneladas de produto que poderían xerar en torno ós seis millóns de euros, cubrindo un oco que ata o de agora ocupaba marisco foráneo.

    Redacción Salnés