Rodrigo Santiago denuncia ilegalidades no Concello de Vilanova

    rodrigo100_291107_001.jpgVILANOVA > Tralo cruce de acusacións que se verteron no pleno celebrado esta semana en Vilanova de Arousa entre goberno e oposición

    … o edil socialista expulsado da sala de plenos Rodrigo Santiago quixo explicar e aclarar as acusacións que fixo en contra do secretario xeral do concello.

     O voceiro do PSOE acusa o secretario de manipular documentos. Rodrigo Santiago séntese decepcionado coa actitude do goberno, cando fai 3 días foi expulsado do pleno que se estaba a celebrar polo que el califica como unha cacicada propia dunha actitude fascista.

     A orixe das discrepancias comezaron cando o voceiro socialista acusou ó secretario xeral do Concello, Xavier Bóuzada de alterar o informe de intervención que se mostraba desfavorable ó incremento do gasto a favorable, que nos amosa, por un lado conclusión do secretario onde se ratifica na subida do soldos e por outro o informe de intervención onde recolle a rotunda negativa ó incremento do soldo dos funcionarios ante a nova lei do corpo da policía, pola cal se existira algunha subida pola nova categoría, débese minorar o salario noutros conceptos de complementos de tal forma que Santiago amosa tamén a súa desconformidade co abuso por parte do Concello coa que pretende subir os soldos non so a policías senón tamén a outros cargos

    Segundo o PSOE o goberno atribúe a subida ós complementos de dispoñibilidade Rodrigo Santiago fixo referencia ás críticas que apareceron nos medios de comunicación cara súa persoa. O membro socialista aclara que o seu traballo non de desenvolve a nivel particular. Por último Santiago anunciou a intención do PSOE de Vilanova, que enviarán toda a documentación ós cargos que se verán beneficiados pola subida saliaral que coinciden co posto de representantes sindicais.

    O obxectivo é coñece-las súas impresión sobre o que o voceiro socialista califica de ilegalidade. En declaracións a TeleSalnés –Barbanza, o secretario do Concello, Xavier Bóuzada desminte rotundamente as acusacións vertidas polo edil socialista alegando que a súa conciencia está tranquila e que o único que quere é realizar o seu traballo como funcionario.

    Bouzada engadiu que o concelleiro do PSOE minte descaradamente e que o único que persigue é terxiversar a realidade. O funcionario reafírmase nas súas declaracións quere con isto enviarlle unha mensaxe ó edil Rodrigo Santiago, na que o reta a que se posúe probas na súa contra que o incrimine nunha irregularidade, que acuda á xustiza e faga a denuncia pertinente.

    Redacción Salnés