![]()
MEAÑO > “Aceite de oliva virxe extra: un regalo para o teu corazón”. Baixo este lema participaron preto de 140 alumnos…
…do colexio As Covas de Meaño, nunha campaña para promocionar as bondades saudables do aceite de oliva. A iniciativa partiu de UPA- Jaén e está dirixida a escolares
O obxectivo é que os rapaces coñezan a importancia do consumo de aceite de oliva virxe extra, parte fundamental e imprescindible da dieta mediterránea, coa intención de potenciar os bos hábitos alimenticios.
Preténdese así promover un menú san e natural fronte á bollería industrial. A idea é que os propios nenos se convertan en cociñeiros por un intre e elaboren, con aceite e Cola cao, unha especie de Nocilla caseira para untar o pan do almorzo.
Os rapaces estaban entusiasmados ca idea de preparar na casa a mestura de aceite e Cola cao e mostrarlles aos seus pais o que aprenderon na escola. Todos os nenos recibiron unha bolsa de agasallo con aceite de oliva virxe extra de Jaén, Cola cao, un bolo de pan e material promocional.
O programa levarase a cabo en toda España coa colaboración de vintedous colexios, cinco deles galegos, e a participación de seis mil escolares que aprenderán a comer san
Redacción Salnés









