Sanxenxo contará cunha ordenanza das praias para fomentar o seu uso responsable

SANXENXO> Sanxenxo aprobará no vindeiro pleno unha ordenanza para regular o uso das praias. O goberno local quere fomentar os comportamentos responsable dos areais e evitar as actividades inadecuados que molesten ao resto de usuarios.

A vila con máis praias con bandeiras azuis de España terá agora unha ordenanza municipal que regule o uso responsable dos seus areais. O goberno local quere promover o desenvolvemento sostible dos espazos e fomentar a convivencia entre os usuarios.

Entre estas medidas atópase a regulación das visitas con mascotas os areais e aos espazos naturais.

As medidas tamén queren evitar comportamentos que molesten a convivencia como ter dispositivos electrónicos a gran volume ou ocupar espazos da praia que non se van utilizar.

As normas desta ordenanza tamén regulan os espazos onde se poderán realizar fogueiras en San Xoán así como a prohibición do baño nesa noite. O incumplimento destas medidas poden carrexar sancións de entre 700 e 3 mil euros. Aínda así, dende o concello matizan que son moi poucas as persoas que non cumpriron estas normas durante o verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí