![]()
RIBADUMIA> O xacemento arqueolóxico do Monte do Castro descubre restos dun poboado castrexo que data de entre o século II a.C e o século I d.C.
{flowplayer}images/salnes/ExcavacionsRibadumia.flv{/flowplayer}
Este equipo de arqueólogos leva traballando no Monte do Castro en Ribadumia pouco máis dun mes. Pero os resultados xa son visibles. Vivendas, almacéns ou cuadras para os animais e mesmo utensilios de cociña. Restos que sitúan este poboado 2000 anos atrás.
Ademais deste xacemento, dentro do proxecto Pousadas do Salnés hai outro na Lanzada que xa comezara as excavacións no verán.
Con estas excavacións a Deputación en colaboración co centro de superior de investigación científica pretende poñer en valor estes xacementos e empregalos como reclamo turístico.
O número de teléfono no que hai que facer a reserva é o 600 94 01 33. E estas visitas son de balde.
Redacción Salnés









