PONTEVEDRA > Representantes políticos e traballadores, tanto do concello de Pontevedra, como da Deputación provincial…
…manifestaron a súa repulsa ao atentado de ETA do sábado, concentrándose esta mañá, as doce do mediodía diante das dúas institucións, o concello e o Pazo provincial.
O sábado ETA volveu a actuar da única maneira que sabe, por medio da violencia. Miles de españois secundaron as concentracións convocadas en distintos lugares do país para manifestar a súa repulsa ante este atentado o sábado en Francia. Nesta ocasión ETA quitoulle a vida a un garda civil de vintecatro anos e tentou o mesmo co seu compañeiro, deixándoo nun hospital de Baiona, sen actividade cerebral ata agora.
En Pontevedra fixéronse manifestacións o sábado, e esta mañá, concello e Deputación, concentráronse diante das súas institucións, para condenar este atentado mortal, e non esquecer a Raúl Centeno e Fernando Trapero.
Os asistentes á concentración coincidiron en que tódolos partidos políticos deben manterse unidos en momentos como este.
José Juan Durán, vicepresidente da Deputación Pontevedresa, José Freire, Responsable do Sindicato Unificado da Policía e Teresa Casal, Tenente de Alcalde de Pontevedra, coincidiron en mostrar o seu apoio incondicional as forzas de Seguridade do Estado.
Tódolos representantes políticos manifestaron tamén en que a loita contra o terrorismo é longa, e debe rematar con esta lacra que supón para toda a sociedade, calquera acto de terrorismo da banda armada ETA.
Redacción Salnés