NOIA> O deputado de En Marea, Antón Sánchez, levará ó Parlamento unha pregunta sobre as melloras previstas na Estación de Tratamento de Auga Potable de Noia para acabar cos problemas de turbidez. Piden que se dea cumprimento ó acordo asinado hai máis dun ano entre a Xunta e o concello para a construción dun novo depósito. En abril do pasado ano, a Consellería de Medio Ambiente anunciaba unha serie de melloras na estación de tratamento de auga de Noia para acabar cos problemas de turbidez. A pesar do compromiso de licitar a actuación durante o 2016, de momento non se ten executado a construción do novo depósito polo que dende a Marea Cidadá piden que se acometa canto antes unha obra tan necesaria. Ademais de tratalo en pleno, elevarán o debate ó Parlamento Galego a través do deputado Antón Sánchez. Presentará unha pregunta para saber en que fase se atopa o procedemento para acometer esta obras. Ante a falla de resposta, os representantes da Marea sospeitan da existencia de intereses electoralistas tralo anuncio desta actuación que, de momento, non chegou a materializarse.
Inicio Barbanza - Muros - Noia