Un roteiro pola memoria das mulleres e unha andaina pola igualdade conmemorarán o 8M en Noia

NOIA> O CIM deseñou un amplo programa de actividades polo Día da Muller que darán comezo mañá mesmo cunha presentación literaria a cargo de Yolanda Castaño. A lectura dun manifesto e un roteiro pola memoria das mulleres constitúen algúns dos actos a celebrar o propio día 8.

A presentación do libro de Yolanda Castaño prevista para mañá ás oito no Casiño e o obradoiro de alfabetización dixital para mulleres que se desenvolverá entre o 4 e o 8 de marzo serán o prólogo dos actos institucionais programados polo concello de Noia para celebrar o Día da Muller.

O sábado 9 celebrarase a andaina pola igualdade , un percorrido duns 8 quilómetros que partirá dende o concello ás 11 da mañá.

Os interesados en participar deberán inscribirse previamente no enderezo rutasgaliciasendeirismo@gmail.com.