A praia de Castiñeiras segue a rexistrar vertidos contaminantes a diario

    RIBEIRA > A pesar das frecuentes denuncias dos veciños de Castiñeiras, os vertidos contaminantes seguen a ser unha constante no porto desta parroquia. A rotura dun dos conductos de augas fecais provoca a saída diaria dos residuos á mesma praia cos consecuentes riscos ecolóxicos e de saúde pública para tódolos veciños.

    Esta problemática vén xa de vello cando en abril de 2004 a corporación municipal aprobou unha iniciativa do BNG para a reparación da rede de saneamento. Sen embargo, ó longo destes dous anos, a situación, lonxe de mellorar, empeorou notablemente converténdose os vertidos nun problema diario co que os veciños teñen que convivir.vertidos_200_040506.jpg

    Na actualidade, a praia de Castiñeiras rexistra dúas saídas de residuos, unha a carón do colexio debido ás deficiencias no sistema de bombeo existente e outra nas escaleiras do muelle onde desemboca un emisario no que frecuentemente quedan estancadas as augas fecais.

    Ademais das desastrosas consecuencias ecolóxicas os vertidos constitúen un perigo para a saúde pública posto que a praia é frecuentada por moitos bañistas. Os análises realizados pola Consellería de Medio Ambiente confirmaron que as augas non son aptas para o baño polo que o pasado ano foi precisa a colocación dun cartel desaconsellando o baño.

    Esta medida supón un prexuízo engadido posto que avertidos2_200_040506.jpgfecta negativamente á afluencia de turistas que solían frecuentar esta zona. Ademais a presenza de vertidos non é exclusiva desta zona senón que se veñen repetindo noutras praias do municipio como aconteceu a pasada fin de semana na praia das Carolinas.

    O BNG de Ribeira ten previsto levar a pleno unha moción relativa á calidade destas augas co fin de que o concello inicie as actuacións necesarias para erradicar definitivamente os focos contaminantes.

    Tanto os veciños como os membros do grupo nacionalista agardan que a erradicación destes vertidos contaminantes sexa unha realidade antes da tempada estival para que veciños e visitantes poidan desfrutar plenamente deste areal.

    Redacción Barbanza