Derrube do bipartidismo tamén no Barbanza

    BARBANZA> Repítense as tendencias do resto do país.

    A pesar de que a participación cidadá nestas eleccións europeas aumentou tanto en Galicia como en España, nas comarcas do Barbanza e Muros-Noia descende lixeiramente respecto ó 2009. En tódolos concellos o Partido Popular imponse como a formación máis votada, iso si, perdendo un gran número de votos. Nesta caída, os populares foron acompañados polo PSdeG e o BNG. No 2009 estas tres formacións repartíanse a práctica totalidade de votos e agora continúan á cabeza pero irrompen con forza partidos minoritarios como Alternativa Galega, Compromiso por Galicia, UPyD e principalmente a nova formación Podemos, encabezada polo profesor e tertuliano Pablo Iglesias. No concello de Ribeira, este partido emerxente conseguiu aglutinar unha gran parte da masa electoral, colocándose con 896 votos como terceira opción e superando ós nacionalistas galegos. A desfeita histórica do bipartidismo nas eleccións ó Parlamento Europeo, reflectiuse do mesmo xeito nas nosas comarcas. Os grandes partidos foron castigados con fortes caídas e os resultados mostran unha importante mobilización da esquerda.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí