Ribeira quédase sen socorristas en setembro

    balancesocorrismo.jpg RIBEIRA> Durante os meses de xullo e agosto estes profesionais realizaron máis dun milleiro de intervencións nos areais deste municipio.

     
     
    Coa chegada do mes de setembro son moitos os concellos galegos que deixan de prestar o servizo de socorrismo nas súas praias. É o caso de Ribeira que ata o momento contaba cun equipo de corenta profesionais que se encargaban da vixilancia nos nove areais con bandeira azul do municipio. 
     
    {flowplayer}barbanza/balancesocorrismo.flv{/flowplayer}
     
    A partir de hoxe os bañistas que decidan aproveitar os días que aínda quedan de verán nas praias de Ribeira deberán extrema-la precaución xa que non hai ninguén que vele por eles. Durante os meses de xullo e agosto un equipo de trinta e catro socorristas e seis coordinares patrullou os dez areis do concello que contaron co servizo de socorrismo, os nove con bandeira azul máis a praia de Castro-Catía en Aguiño. En total, atenderon unhas mil incidencias nas que en ningún caso houbo que lamentar mortes.
     
    Segundo as caracterísitcas das praias varían o tipo de intervencións. Mentres que en areais de mar aberto como O Vilar e A Ladeira primaron os rescates noutras praias máis tranquilas como Coroso a maioría dos casos consistiron en curas de feridas ou atención médica.
     
    O equipo de salvamento de Ribeira pechou onte esta satisfactoria tempada cun simulacro de rescate en Coroso. A partir de agora, de seguro haberá quen os bote de menos nas xornadas nas que o tempo aínda permita gozar da praia, iso si, sen vixilancia.
     
    Redacción Barbanza