As obras do campo de Fútbol de Vilaxoán verán incrementado o seu orzamento

    campo_futbol_100.jpgVILAGARCÍA > O Presidente da Deputación provincial de Pontevedra, Rafael Louzán visitou onte á tarde as obras do campo de fútbol

    …de Vilaxoán; en compaña da alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García.

    Ámbolos dous puideron comprobar sobre o terreo os atrancos que presentaban estas obras;no subsolo apareceu unha capa feita con material de refugallo de obras, que houbo que desaloxar e acondicionar, antes de dispoñer as pranchas de céspede artificial.

    Este inconvinte obriga a aumentar a inversión inicialmente prevista en 240.000 euros, que serán aportados a partes iguais, polo Concello e a Deputación. Esta nova achega ven a unirse ó inicialmente disposto para executar a colocación de herba sintética neste campo, do que o ente provincial aportaba o 75 % e o consistorio Vilagarcía o resto.

    Deste xeito, o orzamento global supera os 100 millóns das antigas pesetas; que farán posible que Vilagarcía dispoña de dous campos de céspede artificial de última xeración.

    Se o tempo acompaña, o campo de fútbol de Vilaxoán podería inaugurarse nun prazo de 3 a 4 meses.

    Redacción Salnés.