![]()
CAMBADOS > A figura correu a cargo do recoñecido escultor cambadés Lucas Míguez, que tratou de reflectir a alma …
…O concello de Cambados presentou esta mañá a escultura de Ramón Cabanillas que a finais deste ano lucirá na horta da casa dos Fraga que se atopa en reformas. O obxectivo é renderlle unha homenaxe ó escritor polo legado cultural e literario que deixou na vila. A figura correu a cargo do recoñecido escultor cambadés Lucas Míguez, que tratou de reflectir a alma da persoa de Cabanillas, segundo os asistentes conseguiuno,.
. Mirada impactante, sendeiros definidos, nitidez nos acabados, pero sobre todo consegue tramitar o seu obxectivo: captar a alma do escritor.
Unha iniciativa promovida dende a concellería de cultura de Cambados para formar o que será o xardín da cultura que está situada na horta da casa dos Fraga Para o artista Lucas Míguez, foi un pracer acepta-lo encargo que segundo os que admiraron a peza escultórica recolle o sentimento bohemio e nostálxico de Ramón Cabanillas A figura será exposta na horta dos Fraga a finais de ano e irá acompañada por un dos poemas da súa extensa obra literaria.
O encargado da peza, Lucas Míguez,é un recoñecido escultor , pero moitos non saben que o seu prestixio acada niveis internacionais, segundo nos confesou entre a modestia que o caracteriza, marcha nos vindeiros día aos EE.UU a realizar unha escultura para un gobernador, e no o futuro, un proxecto, aínda sen confirmar, para os Emiratos Árabes.
Redacción Salnés








