Xitanos de toda Galicia maniféstanse en Pontevedra contra da discriminación

    manifa_xitanos_100.jpgPONTEVEDRA > Este colectivo xitano galego decidiu saír a rúa para poñer freo ó último andazo de movementos que eles consideran racistas …

    …manifestándose de xeito pacífico.

    Ata este punto da cidade do Lerez acudiron uns cento cincuenta representantes de todo este amplo colectivo, que en Galicia abrangue a trinta mil persoas.

    O percorrido da manifestación partiu do recinto feiral, atravesou a ponte dos tirantes e chegou ata as inmediacións da delegación do goberno autonómico nesta cidade. Os manifestantes aseguraban ter sufrido nas súas carnes o racismo polo feito de pertencer a unha étnia distinta.

    A última ocasión foi cando procuraron unha vivenda sustitutoria das chabolas nas que residían na localidade do VAO.

    Redacción Salnés.