O Centro Comarcal do Salnés acolle a exposición feísmo urbanístico

    expofeismo_100.jpgCAMBADOS > O Centro comarcal do Salnés alberga ata mediados de mes, unha exposición de ilustracións e debuxos sobre o feísmo urbanístico.

    Baixo o título de feísmo ilustrado esta mostra recolle creacións de 14 debuxantes e humoristas gráficos da talla de Forges, Siro, Jacobo Fernández, Ánxeles Ferres, Xan López, Xaquín Marín, Pinto e Chinto, Miguelanxo Prado, Kiko da Silva e Xosé Lois, entre outros.

    Con esta exposición, a Sociedade para o desenvolvemento comarcal de Galiza, unha empresa pública da Consellaría do Medio Rural e da Consellaría de Vivenda e Solo; pretenden chegar á cidadanía mediante o humor e a retranca para afondar na concienciación sobre este problema dos nosos días.

    Dita exposición permanecerá aberta no cambadés paseo da Calzada en horario de mañá e tarde durante tódolos días da semana. Os visitantes que se acheguen antes do vindeiro día 15 terán a oportunidade de levar consigo de balde, unha reproducción das ilustracións que conforman á exposición.

    Redacción Salnés.