Javier Gago fai un balance do Segundo Cumio Global de Navegación

    VILAGARCÍA > O presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Javier Gago, fixo hoxe un balance do seu paso polo segundo cumio mundial

    ….Javier Gago, quixo destacar hoxe da súa partipación no 2ºcumio global de Navegación, que o porto vilagarciá está nun bo momento para o seu crecemento. En breve o porto contará cunha terminal de contedores que é estratéxica, xa que por ela pasarán unha importante cantidade dos barcos adicados a este tipo de transporte.

    No cumio, no que tamén se falou da necesidade de reducir os niveis de contaminación; houbo ó redor de cincocentos representantes de distintos países de todo o mundo. Entre eles estaban autoridades portuarias, empresas consignatarias, axentes marítimos, operadores loxísticos, transportistas, e navieiras. Para Gago é clave que o porto vilagarcía estea presente neste tipo de congresos, xa que ten unha obrigación como empresa de proxectarse ó exterior.

    gagopequeno_200_001.jpgSegundo o presidente da Autoridade Portuaria vilagarciá, unha das conclusións a sacar do cumio, é que se está a dar un auxe do transporte marítimo a nivel mundial, e en especial do transporte de contedores, que é o que máis está a crecer. Polo de agora en Galicia só os portos de Vigo e Marín traballan de xeito regular cunha terminal de contedores. Vilagarcía vai a contar cunha terminal deste tipo, que se espera que estea en funcionamento para marzo do vindeiro ano. Isto vai a supoñer unha carga de traballo permanente e estable, dado que o tráfico portuario se vai a ver incrementado, aproximadamente, en 100 barcos máis o ano.

    Outro dos puntos tratados en China, foi o da necesidade da internodalidade. Dixo Gago que é imprescindible que o porto conte cun bo acceso e comunicación co resto das vías de transportes. O enlace directo entre o porto e a autopista e a circunvalación norte de vilagarcía que se están a construír son aspectos necesarios para poder garantir un bo transporte das mercadorías. Para Gago a tarefa que ten que levar agora a cabo o Porto de Vilagarcía é consolidar a súa posición dentro dos portos de interese xeral de España e rentabilizar as infraestuturas e os recursos dos que dispón.

    Redacción Salnés