O goberno central manterá a colaboración cos grandes proxectos de Cambados

CAMBADOS> O goberno central manterá as subvencións destinadas ás obras do concello de Cambados. O estado mantén o seu compromiso de colaboración nas construcións dos novos mercado de abastos e cuartel da Garda Civil. Os investimentos superarán os 8 millóns de euros.

O concello de Cambados ten en marcha dous grandes proxectos: a construción da nova praza de Abastos e novo cuartel da garda civil. Pero para levalos acabo necesita da colaboración doutras administracións como o goberno autonómico e o central. A deputada Ángeles Marra visitou esta mañá a vila para reunirse co concello e garantir a continuidade destas axudas por parte do estado.

No caso da praza de abastos, a inversión do goberno centrla será de máis de 2 millóns de euros.

Na reunión, a deputada tamén atendeu outras demandas do concello de Cambados como a creación dunha senda litoral dende Corbillón ata o centro da vila.

Tralo encontro, a alcaldesa quixo mandar un mensaxe ao sector do mar para tranquilizalos polo medo ás consecuencias da nova lei do cambio climático.

En canto aos proxectos principais, o da nova praza de abastos está pendente da aprobación de todos os trámites. Unha vez aprobados e renovados os convenios de colaboración coas administracións, o goberno comezará coa execución do proxecto.