A liña de autobús gratuíta de Vilanova ampliarase en quince días

    paradabusgratuitovilanova_100_160107.jpgVILANOVA > O autobús gratuíto que puxo o Concello de Vilanova xa ten bastante afluencia de xente.

    Dende o goberno local consideran moi positivo o comezo da nova liña que se vai ampliar nos vindeiros días a Corón e San Miguel. Ata agora este tramos pertencía a Mombús, pero chegouse a un acordo para que Núñez Barros poida parar tamén na estrada xeral, de xeito que veciños de Vilanova que ata agora facían vida en Cambados, como eran os de San Miguel de Deiro, poidan mercar e face-las xestións no seu concello.

    Quen está agora expectante é a asociación de comerciantes Vilanova Centro, que espera beneficiarse da chegada de novos clientes ó casco urbano. Dende a asociación de comerciantes confían en que a liña, que nesta primeira semana rexistra unha media dunha ducia de pasaxeitos ó día, se use cada vez máis, segundo se vaian coñecendo ben os horarios e itinerario do autobús. Deste xeito, sería factible manter máis alá de 6 meses o servizo.

    Redacción Salnés