Esposición “Pintura Galega” no Auditorio Santa Eulalia

    exporibadumia100_051207_001.jpgRIBADUMIA > O auditorio de Santa Eulalia de Ribadumia acolle durante os meses de decembro e xaneiro a exposición “Pintura Galega”…

    …da Fundación Feima. É unha mostra que contén unha selección de pintura galega do século XX, que inaugurou a alcaldesa, Salomé Peña

    A fundación Feima é unha entidade privada sen ánimo de lucro para a promoción e difusión da arte e cultura galegas.

    “Pintura Galega” é unha exposición itinerante que xa estivo en Sarria, Arteixo ou Baiona e conta con obras de pintores como Arturo Souto, Luís Seoane ou Xulio Maside entre outros.

    Esta é a segunda exposición que acolle o auditorio e segundo alcaldesa, o interese do concello é apoiar este tipo de iniciativas como xa ven facendo.

    A expo conta con vinte obras que poderán verse ata finais de xaneiro. O concello organizará visitas guiadas para colexios e despois, “Pintura Galega” partirá a concellos como Padrón, Cangas ou Sada.

    Outra das exposicións que están programadas intenta acoller obras de artistas do Salnés, independentemente da súa disciplina artística. Para iso, a concellería que dirixe Lidia Álvarez abriu un prazo de presentación de traballos a partir dos que despois, a comisaria da exposición fará unha selección para incluír na mostra

    Redacción Salnés