Os veciños de Portas recollen firmas pola retirada da estación do Tren

    firmasportas_100_001.jpgPORTAS > Os veciños de Portas aproveitaron a celebración da feira que cada ano chega ó seu concello para recoller firmas pola futura retirada da estación do tren na vila.

    A chegada do tren de alta velocidade a Galicia vai levar ó seu paso a retirada dun importante número de estacións do tren, situadas en pequenas vilas e concellos. En Portas, unha das estacións afectadas, os veciños aproveitaron a celebración da feira para recadar firmas en contra da medida. Dende que comezaran hai dúas semanas nalgúns bares e establecementos do concello, xa levan recadadas case tres mil sinaturas. Con elas piden que se manteña unha liña secundaria á do AVE para o transporte de pasaxeiros.

    Dende a plataforma en contra da retirada da estación, quéixanse de que o goberno na Xunta non aposte pola liña ferroviaria de cercanías, como si fan outras comunidades autónomas. Está previsto que para o ano vindeiro estacións como a de Portas so continúen en activo para a circulación de mercancías.

    Redacción Salnés