O BNG pide no Parlamento que o arrastre galego e portugués traballe nas mesmas condicións

    BARBANZA> O deputado do BNG, Daniel Rodas, defendeu no Parlamento unha Proposición non de lei instando á Xunta de Galicia a reclamarlle ó Goberno Central a restitución das condicións iniciais do acordo pesqueiro con Portugal que garanta a condición de igualdade para as flotas de arrastre lusa e galega. O deputado do BNG, Daniel Rodas lamentou que o voto do Partido Popular impedira que prosperara a súa proposta para restituír o acordo pesqueiro con Portugal que garantiría que as flotas lusa e galega de arrastre fanearan en condicións de igualdade. O nacionalista non aceptou unha emenda do PP que propuña continuar as xestións ó entender que a día de hoxe, seguimos exactamente igual que hai máis dun ano. Rodas explicou que na actualidade a flota galega de arrastre vese sometida a condicións de discriminación no descanso semanal, tempo que aproveitan os barcos portugueses para ocupar os seus mercados, empregando artes ilegais e cotas que segundo el prexudican á viabilidade da flota galega. O deputado nacionalista vai máis alá ó sinalar que nestes últimos seis anos, solicitáronse máis de 700 embarcacións para despezamento, das cales 107 xa foron desguazadas cun financiamento de máis de 90 millóns de euros, mentres que as tripulacións vense obrigadas a traballar na flota lusa ante as mellores condicións económicas e de posibilidades de pesca. Para o deputado, a xestión do Goberno Galego neste asunto móstrase claramente nas 17 embarcacións lusas mercadas por armadores galegos, 11 con porto base en Muros, 3 en Marín, 2 en Burela e 1 e Ribeira, como única posibilidade para seguir mantendo a actividade. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/14/bng_parlamento_flota_arrastre_1404151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/14/bng_parlamento_flota_arrastre_140415.mp4{/flowplayer}