A Mancomunidade do Salnés aproba os orzamentos do 2008 co único apio do PP

    mancomunidade_100_001.jpgCAMBADOS > A mancomunidade do Salnés aprobou onte os seus orzamentos do 2008 co único apoio do Partido Popular.

    En total a institución comarcal disporá de algo máis de seis millóns de euros. Unha cantidade que o resto das representación políticas, PSOE, BNG e independentes, consideran insuficiente, motivo polo cal se abstiveron na aprobación dos orzamentos. Para os nacionalistas, os máis críticos co documento, unha comarca coma a do Salnés debería contar cuns presupostos moi superiores, para o cal sería necesario ter unha maior xestión política da que agora se carece.

    O presidente da mancomunidade, o popular Jorge Domínguez, saíu ó paso destas críticas acusando ó BNG de non coñecer a realidade da institución comarcal, á que segundo Domínguez, o goberno bipartito da Xunta discriminou nos dous últimos anos. Para o tamén alcalde de Meaño, os orzamentos son realistas e axustados ás posibilidades da entidade.

    Pola súa banda, os socialistas quixeron resaltar que tódalas administracións lle concederon e lle están a conceder subvencións á mancomunidade para o desenvolvemento dos seus proxectos.

    Entre as principais actuacións que a mancomunidade do Salnés vai levar a cabo no vindeiro ano están a promoción turística, a mellora de distintos puntos incluídos na rede natura, a promoción das empresas da comarca nos mercados internacionais, ou o de conseguir que a mancomunidade se converta un operador wi-fi.

    Redacción Salnés