Pontevedra celebra o aniversario da Constitución

    PONTEVEDRA > A subdelegación do goberno en Pontevedra celebrou esta mañá o vinte nove  aniversario da Constitución.

    Á recepción organizada con motivo do Día da Constitución, asistiron as autoridades civís e militares e pontevedra, e numerosos representantes políticos da provincia. No 29 aniversario da Constitución, o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, fixo unha mención especial ás dúas últimas vítimas do terrorismo de ETA, os garda civís Raúl Centeno e Fernando Trapero. O subdelegado pontevedrés tamén quixo facer unha chamada á vixencia da constitución e á súa capacidade para seguir garantizando a convivencia pacífica.

    pequenaconsti_200_001.jpgDestacou o subdelegado do goberno que as transformación vividas por España na súa etapa democrática, non serían posibles sen a estabilidade política, social e económica que asegura a vixencia e o respeto á Constitución. Unha estabilidade que se sustenta no pleno respeto e garantía constitucional dos dereitos e liberdades dos cidadáns, e no cumprimento dos nosos deberes. Tamén engadiu Delfín Fernández que a Constitución Española do 78 é unha norma viva, que pode e debe ir adaptándose ás necesidades sociais cambiantes.

    Delfín Fernández tamén nomeou no seu discurso os últimos avances en materia social que se levaron a cabo neste último ano de goberno socialista, e que son para el unha mostra da garantía dos dereitos sociais proclamados pola Constitución. Entre as medidas citadas estaban a lei de dependencia, a ampliación da cobertura da seguridade social a colectivos que antes carecían dela como o dos traballadores; o novo estatuto dos españois no exterior; a nova lei do solo; ou o acceso á vivenda dos máis mozos.

    Redacción Salnés