Os traballadores da planta de compostaxe reclaman maior implicación das Administracións para garantir a súa viabilidade

LOUSAME> O futuro dos aproximadamente 150 traballadores actuais da planta de compostaxe de Lousame, pende dun fío.

En setembro vence a actual concesión coa empresa concesionaria, FCC, e a continuidade da planta de tratamento está no aire.

Por esta razón dende o comité de empresa ínstase á Mancomunidade Serra do Barbanza, que realiza a xestión integral dos residuos domésticos dun total de nove concellos, a que asuma as súas responsabilidade para darlle continuidade ó proxecto.

O comité de empresa reuniuse hai uns días con representantes do BNG, que lle volveron a reiterar o seu apoio.

Os nacionalistas inciden na necesidade de que as Administracións, tanto Central como Autonómica, se impliquen con este proxecto e así garantir a continuidade da planta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí