Ruíz representará á Deputación no Consello de Portos

    manuelruizportos100.jpgRIBEIRA> Manuel Ruíz formará parte do Consello de Administración de Portos de Galicia como representante da Deputación da Coruña.

    {flowplayer}barbanza/manuelruizportos.flv{/flowplayer}

    O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, decidiu designar ó alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, como representante provincial no Consello de Administración de Portos de Galicia.

    Para o rexedor ribeirense supón unha gran responsabilidade asumir o reto de representar os intereses dos portos da Coruña.

    Vella demanda

    Este nomeamento, que se fixo oficial mediante un escrito remitido o pasado 25 de agosto, vén satisfacer unha vella demanda plantexada por varios grupos da corporación ribeirense co fin de defender os intereses do principal porto de competencia autonómica.

    Redacción Barbanza