Aturuxo e o concello achegan posturas para evitar o peche do local social

    localaturuxo100.jpgBOIRO> Representantes da asociación Aturuxo mantiveron unha xuntanza co alcalde para buscar unha solución ó problema xurdido coa licenza do seu local.

    {flowplayer}barbanza/localaturuxo.flv{/flowplayer}

    A asociación de Aturuxo xurdía en Boiro hai cinco anos. Dende entón conta con preto dun cento de socios e ten desenvolvido numerosas iiciativas culturais, boa parte delas no seu local situado no número 118 da rúa Principal. Un local que nos últimos meses converteuse en obxecto de polémica ó iniciarse un expediente administrativo, a raíz dunha denuncia, en relación a presuntas irregularidades da súa licenza.

    A obriga do concello, segundo explicou o rexedor boirense, é darlle cumprimento ó expediente aínda que a súa intención é facilitar a legalización do local da asociación a través dunha licenza que inclúa actividade comercial posto que conta cunha barra onde se serven bebidas.

    Achegamento posturas

    O encontro mantido entre varios membros de Aturuxo e o alcalde e o concelleiro de Urbanismo serviu para achegar posturas. O goberno insiste en que a súa intención non é pechar a sede desta entidade que veu contribuíndo nos últimos anos á dinamización cultural no municipio.

    Pola súa banda, dende a entidade confían no apoio da administración, que lles vén de conceder unha ampliación do prazo para a reposición da legalidade, para poder seguir desenvolvendo a súa actividade neste espazo de encontro.

    Redacción Barbanza