Goberno local e PP analizan as suxestións do avance do PXOM

    pxom_suxestions100_111207_001.jpgPONTEVEDRA > Hoxe remata a exposición pública do avance do PXOM, para que o público fixera as súas suxestións.

    Dende o concello de Pontevedra fixeron balance con toda a documentación recibida, e esta mañá o concelleiro de Ordenación do Territorio, César Mosquera, fixo unha valoración positiva sobre a participación cidadá nas suxestións presentadas ao avance, un total de 2.600

    Segundo César Mosquera, foi unha sorpresa para o concello constatar que a meirande parte das suxestións, foron feitas respecto a asuntos xerais, mil cincocentas, das dúas mil seiscentas, o que representa o cincuenta e oito por cento do total. Sobre cuestións particulares houbo unhas mil suxestións, o 38% do total

    Entre as suxestións de particulares, asociacións de veciños, comunidades de Montes e empresarios, hai algunha proposta de convenio, pero o mais reiterado é o sistema viario xeral, ou sexa, a ronda. A zona con maior número de veciños que fixeron suxestións e a do Marco- Albeiro- Conde de Bugallal.

    Mañá o concello ten unha entrevista no Ministerio de Fomento, para, segundo Mosquera, adiantar e impulsar as accións que poñan en marcha o PXOM. Despois aprobarao a Xunta e poderase facer o documento de inicio cara a abril- maio.

    Asemade, a tenente de alcalde, Teresa Casal, destaca que o documento final terá que recoller, sen ningún xénero de dúbidas, a reserva dun corenta por cen, para vivendas protexidas.

    SUXESTIÓNS DO PP

    O voceiro do Grupo Municipal do PP de Pontevedra, Telmo Martín, destacou as suxestións que presenta ao avance do PXOM. Segundo Martín, o goberno local está a propoñer a creación dunha cidade dormitorio, creando emprego só na administración pública e deixando de lado outros intereses dos cidadáns, mantendo unha equivocada lentitude na tramitación do PXOM final.

    Segundo Telmo Martín, no avance do PXOM, bótase en falta unha verdadeira análise de alternativas para algúns do problemas máis importantes: a definición do sistema xeral viario e a ordenación do solo empresarial, e destacou a falla de interés e axilidade por parte do goberno local

    Martín pensa que plantexar tan só posibilidades de crecemento laboral na administración pública e nos servizos, é limitar as posibilidades da cidade Dende o PP creen que esta reserva de solo é escasa e por tanto, debería aumentarse ata un mínimo de dous millóns e medio de metros cadrados.

    Propoñen dúas ideas mais: Consensuar os proxectos entre Ministerio, Xunta e Concello, cas asociacións de veciños e solucionar o problema de ENCE sen agardar a dous mil dezaoito. Coinciden co goberno local na necesidade de recuperar a fachada marítima fluvial, pero canto antes.

    Redacción Salnés